Retomamos o Obradoiro de Radio 1º e 2º Primaria no centro (Luns 19/10 )

O próximo luns 19 de Outubro en horario lectivo os nosos alumnos de 1º e 2º de primaria realizarán un obradoiro de radio no centro da man de VIA RADIO TV (adiado dende o 01/10 por motivos alleos ao centro), gravarán unha sesión para o programa PEKEVIAS, onde o alumnado falará da realidade social, cultural e económica...da súa maneira. Ademais coñecerán  as bases dun programa de radio, farán pequenas maquetas/cuñas, instrumentación básica e usos...

Informarase do día e hora da emisión en canto se coñeza para o disfrute da comunidade educativa. 

Laredo nas Ondas!.