Banco de Material para Aula de Plástica

As duplicidades de material solicitado para cada curso (ver relacións de material por curso PDF) 

Exemplo: 2 tesoiras, 2 barras de pegamento, 2 afilalapis....

Atenden a intención de facer un banco de material na aula de plástica (ademais da propia aula) para o seu uso na mesma,  e non ter que, diariamente, transportar os diferentes obxectos por perigo de perda, rotura e ou danos.

Eses materiais quedarán na aula para a realización de actividades plásticas e/ou artísticas.