Benvidos/as ao curso 2015-2016 (Información Xoves 10 Setembro)

Mañá, Xoves 10 de septembro, comezan as clases no CEIP de LAREDO de 09 a 14h (con excepción de infantil 3 anos), para o cal é preciso que se teña en conta: 

  • Puntualidade: as portas abrense as 09:00h para a entrada ao alumnado. 
  • Estar nas filas: a entrada é escalonada como todos os anos, pregamos que as familias do centro axuden a ubicarse aos alumnos/familias de nova matrícula.
  • Non é preciso traer libros de texto: nestes dous primeiros días non será preciso traelos, informarase ao alumnado de cómo e cando traer cada un deles.
  • A saída será ás 14h: coa salvedade de que infantíl sairá uns minutos antes coma sempre.
  • Ler detidamente as circulares: a través do alumnado enviaranse unha serie de circulares de interese educativo que serán preciso entregar, de ser o caso, en prazo e forma.
  • Prégase tranquilidade: que as familias do alumnado de infantíl non accedan ao interior do centro a acompañar aos rapaces para así facilitar a súa reentrada nestes días.

Benvidos ao curso 2015-2016!