Instrucións sobre encadernación e protección dos libros de texto 2015-2016

Segundo o establecido nas ordes do 21 e 22 de maio do 2015 sobre os beneficiarios do fondo de libros solidarios e cheques escolares concretamos as seguíntes normas sobre a protección dos devanditos:

 Beneficiarios do fondo de libros solidarios 3º e 5º: Ao longo da semana do 14 de setembro enviarase as familias a través do alumnado os libros adxudicados, devanditos libros deberan forrarse con plástico transparente non adhesivo por parte das familias, así mesmo deberán identificarse e asinar na etiqueta de trazabilidade e identifica-ción do libro, sita no reverso da portada, para facilitar o seguemento do estado do libro ao longo dos cursos escolares. Prégase extremar o coidado do libro posto que deberán reutilizarse ao longo de 6/8 anos.

No caso de perda e deterioro dos libros as familias deberán repoñelos e/ou abonalos.

 Beneficiarios do cheque escolar 1º, 2º, 4º e 6º: Os libros mercados polas familias a cargo do cheque escolar deberán forrarse con plástico transparente non adhesivo (no caso de xa facelo con papel adhesivo, forrarase de novo por enriba co anterior). Unha vez que a consellería identifique todos os libros que foron mercados a cargo dos cheques, os titores/as pegaran unha etiqueta de trazabilidade e identificación, sita no reverso da portada para facilitar o seguemento do estado do libro ao longo dos cursos escolares e pasarán a formar parte do fondo de libros solidarios. Prégase extremar o coidado do libro posto que deberán reutilizarse ao longo de 6/8 anos.

No caso de perda e deterioro dos libros as familias deberán repoñelos e/ou abonalos.

 Outros casos: As familias que non sendo beneficiarias do fondo de libros/cheque escolar, poderán ao finalizar o curso escolar, doar de xeito voluntario os libros ao banco de libros solidarios do centro para bene-ficio de toda a comunidade educativa. De ter pensado doalos, prégase o coidado do libro posto que deberán reutilizarse ao longo de 6/8 anos.

 

IMPORTANTE BANCO DE LIBROS SOLIDARIOS:

Este banco ten por obxecto, ao finalizar cada curso escolar previa solicitude , redistribuír os seus fondos por orde de renta, sen menoscabo de que calquer familia o poida solicitar.

  • Menor renta implica maior cantidade de libros; pero maior renta, implica, no caso de que haxa existencias, algún libro dispoñible.
  • Exemplo: Se existe 25 libros de matemáticas para 3º curso o ano que ven e se cursan 25 solicitudes, todo o alumnado terá en emprés-tito o libro de matemáticas.
  • A renta implica orde de prioridade non de exclusión.

 

Ver circular