Segunda lingua estranxeira no centro: Francés

Ao abeiro da autonomía pedagóxica dos centros derivada da actual lei educativa LOMCE, o centro introduce a título colexiado, unha segunda lingua estranxeira obrigatoria: Francés, nos cursos de 4º e 6º de educación primaria, unha asignatura de libre configuración.

Así pois en devanditos cursos, o alumnado iniciarase á lingua francesa dunha maneira progresiva ao longo dos dous cursos académicos: dende os aspectos máis procedimentais de procuras e investigación da súa cultura a través das TICs así como no seu aspecto máis lingüistico, oral e gramatical.

Con todo o centro diversifica a súa oferta educativa de xeito diferenciado na súa entorna, en aras a mellorar a competencia lingüística do alumnado e adaptalo a unha realidade europea de diversidade cultural.

P.D.: O centro, neste curso 2015-2016, porá a disposición do alumnado o material curricular necesario para as súas clases polo que non será necesario mercar ningún tipo de libro.