Saída de Fin de Curso 2024 21/06

O próximo venres día 22 terá lugar a excursión de fin de curso con convivio e xantar.

Iremos a Cangas en barco e pasaremos alí unha bonita xornada, o horario de entrada ao centro é o normal ás 09h pero as saídas do barco dende o Peirao de Chapela serán:

  • Ida Cangas Barco 1: 09:30h: 3º+4º+5º+6º
  • Ida Cangas Barco 2: 10:30h: Infantil+1º+2º
  • Volta Chapela Barco 2: 16h Chegada Aprox.  Infantil+1º+2º
  • Volta Chapela Barco 1: 17h Chegada Aprox. 3º+4º+5º+6º

 Unha vez máis pedimos a vosa colaboración para poder favorecer a autonomía dos nenos/as máis cativos/as (Infantil 1º+2º) e que todo sea máis doado, por iso recomendamos* :

  • Botarlles crema solar en cara e corpo na casa.
  • Levar posta gorra, bikini de braguiña (o bañador enteiro resulta moi incómodo para ir al baño).
  • Mochila cómoda e dun tamaño axeitado ás cousas que levan.
  • Gardar as cousas na mochila pola orde que as van usar:
    1. Arriba de todo merenda de media mañan,
    2. No medio toalla, bañador de cambio e bolsa para o bañador mollado que traen posto de casa.
    3. Abaixo de todo a comida do mediodía (que lles guste e lles sea doada de comer)

É importante que os nenos/as participen na preparación da mochila e que teñan claro cal é a comida para cada momento.

*Estas recomendacións para os máis autónomos estarán adaptadas a súa autonomía e idade.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e confianza, ímolo pasar xenial!