ANPA: Proxecto "O mar de Laredo"

PROXECTO CARTAZ
O proxecto “O Mar de Laredo” nace do traballo, ilusión e unión dos alumnos e alumnas do CEIP de Laredo, implicación das familias, e a colaboración do ANPA, Dirección e docentes do Centro. O obxectivo é dar a coñecer o orgullo das nosas raíces e a contorna no que conviven diferentes actividades lúdicas, deportivas e profesionais da zona que, a pesar do paso do tempo, moitas delas, mantéñense a día de hoxe influíndo na educación dos nosos alumnos e alumnas e sendo a nosa marca de identidade.  
MEMORIA

“O Mar”, compañeiro dos habitantes de Chapela en moitos ámbitos da súa vida. Na pesca que, dende fai moitos anos, gran parte das familias da parroquia dedicábanse a vivir do que lles ofrecía o mar, onde as mulleres da época restauraban as redes e aparellos dos pescadores e os homes embarcábanse en canto amencía para poder obter o mellor pescado da Ría. No marisqueo, herdado por familias de xeración en xeración, acudindo á Praia de Arealonga, delimitada polo Río Maceiras e o Río Pugariños, fronteirizo co Municipio de Vigo, para colleitar as súas famosas ameixas e berberechos. Tamén destaca o marisqueo de costa, onde os barcos bateeiros atracados no porto de Penedos, a uns 100 metros do CEIP de Laredo, diríxense cada madrugada ás bateas para recoller os mexillóns e manter as súas bateas en bo estado para seguir cultivando os mellores moluscos, protagonistas dunha das festas populares gastronómicas máis importantes de Chapela, “A Festa do Mexillón”.

 CONCURSO FOTOGRÁFICO

VER FOTOS CONCURSO

 PROXECTO AUDIOVISUAL

VER PROXECTO AUDIOVISUAL

 MEMORIA DESCRIPTIVA

VER VIDEOMEMORIA

VIDEO PREMIERE

 VER PREMIERE