ANPA: Exposición fotográfica O Mar de Laredo

Este ano o ANPA, en colaboración co CEIP de Laredo, decidimos presentarnos ao II Concurso Audiovisual organizado pola asociación de ANPAS Galegas “Somos Rural” e, aínda que ao final o noso proxecto non foi o escollido polo tribunal, non quixemos deixar pasar a ocasión sen agradecer a gran participación de todos e todas, así que fixemos unha selección, dentro das máis de 100 fotografías recibidas, para mostrarvos unha exposición con parte deste traballo.
 
A exposición “O Mar de Laredo” estará aberta ao público do día 8 ao 14 de xuño na aula de exposicións do Multiusos de Chapela.
Como toda boa exposición merece unha inauguración, convidámosvos, o vindeiro sábado día 8 ás 12.00h no auditorio do Multiusos á presentación da memoria e o vídeo creados para o concurso, seguido da apertura da sala coa selección fotográfica e para finalizar, compartiremos un pequeno aperitivo con todos vos. 
 
A entrada ao auditorio o día da inauguración será por orde de chegada ata completar o aforo, a entrada á sala de exposicións
será libre durante toda a semana. 
 
Esperámosvos a todos para gozar xuntos deste precioso proxeto