Estámonos achegando ao DÍA DAS LETRAS GALEGAS, que este ano está adicado a LUISA VILLALTA , e lanzamos o derradeiro reto deste curso para coñecer a esta escritora e música. Convidámosvos a que busquedes un poemiña, un pequeno texto ou un retrato da escritora e o escribades e dibuxedes sobre unha silueta de violín, pois ese era o instrumento que ela tocaba.
Os “violíns” ( en calquera tamaño e material ) deberán entregarse antes do día 14 de maio ás titoras para formar parte da decoración do centro o Día das Letras Galegas e gañaredes o último carimbo para o voso pasaporte da Lingua.
Ánimo que desta vez é un reto moi fácil! Saúdos!