Este Martes 16 de Abril o alumnado fará unha excursión a Santiago de Compostela a visitar o Museo de Historia Natural.
A saída dos buses será sobre ás 09:30h e a volta sobre ás 16:30h para o que pregamos que o alumnado leve merenda de media mañá e comida.
Este museo ten a súa orixe no Gabinete de Historia Natural, creado en 1840, con coleccións destinadas á docencia universitaria. Desde 1906, ano en que acadou a categoría de Museo, o seu patrimonio experimentou un incremento constante, tanto na cantidade como na calidade das coleccións. Na actualidade alberga importantes coleccións botánicas, zoolóxicas e xeolóxicas, algunhas delas elaboradas por profesores da universidade compostelá e por científicos e naturalistas galegos, e outras son resultado de doazóns, intercambios e adquisicións. Hai salientables coleccións, únicas en España, como a colección de modelos cristalográficos en madeira feita baixo a dirección de R. Haüy, ou a colección malacolóxica de Emilio Rolán.
O alumnado fará unha visita guiada con actividades interactivas e Gynkanas educativas ao longo de 2h para posteriormente xantar no propio parque de Vista Alegre.