Activado o Pto. Laranxa contra o acoso escolar

Habilitado o punto laranxa virtual do noso centro.

Trátase dunha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Plan integral contra estas condutas impulsado pola Xunta de Galicia co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que os centros escolares  e os espazos de interacción da mocidade conten cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións de acoso escolar. 

Funciona como unha caixa de correos virtual onde o alumnado ou comunidade educativa poden utilizar para realizar calquera comunicación ou denuncia desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou de ciberacoso que sufran eles mesmos ou que observen que padecen outros compañeiros/as.

Se estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

  • 1.- Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segura/o.
  • 2.- Localiza o Punto Laranxa no noso centro vitual ou físico (na entrada).
  • 3.- Escribena caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar).

Acceso punto laranxa virtual