2ª sesión do Club de Lectura 18/10

Prezados e prezadas lecturaclubistas:

O mércores, 18 de outubro, ás 16:00 celebraremos a segunda sesión do club na biblioteca do cole. Adicaremos esta sesión ás seguintes actividades:

  • Na primeira parte. Faremos unha posta en común da lectura dos diferentes libros de Ledicia Costas.
  • Retos sobre os “Minimortos” e “A señorita Bubble, Deus salve ás raíñas”.
  • Na segunda parte. Organizaremos a visita de Ledicia Costas prevista para o día 8 de novembro.
  • Presentaremos o libro “Ringo” do autor Pablo Nogueira.

Vémonos o mércores 18. Un saúdo.