Concurso Inauguración Biblioteca 24/10

Estimadas familias:

O día 24 de outubro celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e inauguraremos a nosa biblioteca. Neste día tan especial queremos facervos partícipes elaborando un traballo que servirá para introducir o tema do noso proxecto documental deste ano:

A rebolos polo mundo.

Por iso, LeoLeón faivos a seguinte proposta:Elaborar un cartel que ilustre o lema deste curso da nosa biblioteca: Lendo polo mundo

Normas:

  • Realizarase un cartel que ilustre o lema da biblioteca: Lendo polo mundo, procurando creatividade e orixinalidade.
  • No cartel deberá figurar o lema.
  • Poderá participar todo o alumnado do centro, cunha única obra por alumna ou alumno en colaboración coa súa familia.
  • Os traballos deberán presentarse en formato físico e tamaño A3.
  • Deberá estar escrito en lingua galega.
  • Poderase empregar calquera técnica plástica: collage, témpera, rotuladores...
  • A data límite de entrega será o martes 17 de outubro.

Con todos os carteis faremos unha EXPOSICIÓN que compartiremos con todas e todos vos. ESPERAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN.

MOITAS GRAZAS!

O Equipo da Biblioteca e Dinamización Lingüística