RETO EXTRA: CREDENCIAL DA LINGUA

Estimadas familias;

Aínda que xa pechamos os retos da Credencial da Lingua, queremos ofrecervos unha nova oportunidade para pechar as experiencias deste curso.

IMOS FACER A NOSA PROPIA PELÍCULA!

Para os que levades anos no centro, lembraredes a actividade de “Laredo nun Día”, a primeira longametraxe do Ceip Laredo.

Xa que este ano foi o das Artes Escénicas, queremos coroalo repetindo a experiencia. Neste caso eleximos a próxima fin de semana ( 27 e 28 de maio) tomando como premisa a celebración do Día do Orgullo Friki, que se conmemora este xoves 25 de maio. Posto que todas e todos somos “frikis” de algo, convidámosvos a que vos gravedes amosándonos cáles son esas vosas aficións especiais coas que disfrutades no voso tempo libre.

Será unha maneira de coñecernos moito mellor!

Durante o sábado 27 e domingo 28 deberedes gravarbos facendo algunha actividade relacionada coas vosas aficións “especiais”  e enviala antes do 30 de maio a laredonundia@ceipdelaredo.com

A festa premiere será o 20 de Xuño na que só estarán convidados/as os participantes!!!!

Só e GALEGO!!!

BE FREAK - BE LAREDO - BE LAREDONUNDIA

TODA A INFORMACIÓN EN : http://laredonundia.ceipdelaredo.com