ANPA: Apúntate ao 9º Torneo Interescolar CBR

O Club Baloncesto Redondela vai organizar, por NOVENO ano o Torneo Interescolar de Baloncesto.

Celebrarase o Sábado 27 DE MAIO NO PAVILLÓN DA MARISMA

Gustaríanos contar cunha representación do centro nalgunha das categorías existentes:

  • PREBENXAMÍN: 1º e 2º de Primaria.(12:30-14:00),
  • BENXAMíN: 3º e 4º de Primaria. (11:00-12:30) ,
  • ALEVIN: 5º e 6º de Primaria. (9:30-11-00)

O alumnado que desexe participar no mesmo representando ao colexio debe presentar cuberta a autorización adxunta no buzón do ANPA antes do día 15 de maio o cal canalizará todas as solicitudes.

A súa familia debe facerse cargo de levalo ata o Pavillón A Marisma e logo recollelo. Alí estará, mentres dure o torneo, cun monitor do Club Baloncesto Redondela.

Ese día estarían acompañados dos monitores do club.