Saída Lectura na Rúa 1º+2º EP 26/04

O vindeiro Mércores 26 de abril o alumnado de 1º e 2º EP irá a Lectura na Rúa 2023 a cal xorde en maio de 2017  para celebrar o Día do Libro e compartir a lectura coa nosa comunidade educativa e coa vila de Redondela. Nesta edición contamos coa participación de todos os centros educativos do concello de Redondela e de varios centros de maiores para desfrutar dunha gran festa da lectura.

Deste xeito pretendemos amosar ás nenas e aos nenos do noso concello que ler pode ser toda unha aventura e, por iso, a actividade vaise desenvolver na Alameda Castelao de Redondela, un entorno diferente e agradable que servirá de marco perfecto para mergullarnos nese mundo de fantasía que nos ofrecen os libros.

Programa: 

  • 10:30H : PRESENTACIÓN E PREGÓN DE ANDREIA COSTAS (10’)
  • 10:40h : LECTURA SILENCIOSA (10’)
  • 10:50h : LECTURA COMPARTIDA (20’)
  • 11:10h : INTERCAMBIO DE MARCAPÁXINAS (5’)
  • 11:15h : CANCIÓN: “VEN LER” (10’)
  • 11:25h : TEMPO DE DESCANSO (20’)
  • 11:45h : SITUÁMONOS PARA VER A ACTUACIÓN
  • 12:00h : ACTUACIÓNS GRAMOLA GOMINOLA (INFANTIL E PRIMARIA) PABLO RÍOS DJ (ESO)

A actividade e o transporte está subvencionado polo Concello de Redondela.