Visita ao MUSEO PONTEVEDRA 1º+2º EP 25/04

Estimadas Familias, 

Mañá o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria realizará unha visita dinamizada no MUSEO de PONTEVEDRA nas que se salienta a interacción e a conversa dando a coñecer o Museo dun xeito distinto.

Con esta visita aprenderán a mirar un cadro, a vos mover polas súas salas libremente, e a sentir o Museo coma voso. crear, imaxinar!!! Visita participativa que ten como obxectivo aprender a observar unha obra de arte, creando estímulos que axuden a experimentar cos sentidos: vista, tacto e oído. Recoñecendo o relato que esconden e construíndo historias, xeramos vínculos e afectos pola arte desde ben pequenos.

A actividade e seu transporte están subvencionadas pola Deputación de Pontevedra