Día da EF na Rúa 26/04

O vindeiro Mércores 26 o alumnado do cole xunto co IES de Chapela desfrutarán ao longo de toda a mañá dunha xornada de EF na rúa, xornada na que progresivamente o alumnado realizará diferentes deportes/actividades na estrada lindante ao centro e na praia de Arealonga. 

Avisamos que haberá un corte de tráfico e aparcamento nas inmediacións do centro dende ás 08:00 ata ás 14h do devandito.