ANPA: Concurso dos Maios Redondela // Anímate e Participa

Este ano o  ANPA, coa axuda do colexio, participará no Concurso - Festival MAIOS 2023  que se celebrará o día 1 de maio en Redondela ás 11h. Queremos contar coa axuda de todas as familias que queiran apuntarse pero, sobre todo, coas de 6º, xa que o diñeiro recadado polo alumnado participante será destinado a sufragar a súa excursión de fin de curso.

O material para a realización dos maios do ANPA solicitarase os días 27-28 de Abril e traballarase na colocación dos adornos o domingo 30, tarde e noite; será unha tarde de traballo e convivencia entre as familias participantes cunha merenda e cea para os asistentes.

O  día seguinte faremos unha romaría e festa dos MAIOS en Redondela todos e todas xuntos os que queirades participa representando ao colexio, onde haberá bailes, coplas e animación....nunha comparsa que esperemos que este ano sexa do máis florida. O alumnado como é tradición venderá os plegos de coplas e o que se recade será para a súa viaxe.

Para a representación do Luns 1 de Maio en Redondela,  os nenos e nenas que se apunten terían que levar pantalón negro e camisa branca (forma tradicional, levarán asemade un par de paos ou claves coas que acompañar o canto), realizaranseensaios de versos e busca de patrocinadores para recadar o máximo posible.

Anímate e inscríbete!

Antes do 19 de abril en anpa@ceipdelaredo.com asunto: Maios Laredo

Nesta florida comparsa chea de cor, festa, coplas e tradición!!!!

 

Planificación: 

- 13/04 Envio de proposta de colaboración/inscripcións das familias.

- 14/04 Información ao alumnado de 6º de Primaria e busca de patrocinios.

- 13/04 - 19/04 Inscripcións das familias no Concurso-Festival Maios a anpa@ceipdelaredo.com coa descrición do número de persoas a participar

- 24-28/04 - Práctica de coplas, máis ritmo e baile.

- 30/04 - Convivio Familiar e montaxe do Maio no cole de 16-23h (Merenda e Cea a cargo do ANPA)

- 01/05 - Gran Festa/Concurso do Maio en Redondela 11h. As familias participantes trasladaranse ata Redondela para crear unha gran comparsa do cole.