RETO 5: NAMORADOS DA NOSA LINGUA!

Con motivo do Día dos Namorados lanzamos o Reto 5 "Namorados da Nosa Lingua!...Namorando coa nosa Lingua!" que consiste no seguinte:

Trátase de escribir unha declaración de amor ou amizade a alguén ou a algo que amemos moito, usando a LINGUA GALEGA.

A declaración, piropo, cumprido,... ( sempre positivo!) deberá escribirse nun papel ou cartolina con forma de corazón e entregarllo ás titoras antes do 13 de febreiro.

Participade e gañaredes outro carimbo para a vosa Credencial da Lingua! EDL Laredo