Día da Paz con Galiclown 30/01

Estimadas familias;

Con motivo da celebración do Día da Paz o próximo luns 30 de xaneiro, teremos a visita no centro dos pallasos da ONG "Galiclown", adicados a levar a risa e a diversión a lugares en conflicto e a hospitais.

Como toda ONG, depende dos donativos que recollen dos seus patrocinadores, polo que no centro farase unha recollida solidaria de diñeiro.

Cada alumno/a deberá aportar un donativo simbólico de 2 euros, que recollerán as titoras ao longo desta semana, para facerlle entrega do total o mesmo día 30.

Moitas grazas pola vosa colaboración.