Estimadas familias,
como sabedes, hoxe o alumnado de 6º de E.P. visitou o IES de Chapela, centro adscrito ao noso e no que se garante, para o voso fillo/a, unha plaza en 1º da E.S.O. no vindeiro curso.
Aproveitamos para lembrar que estades convidados á Xornada de Portas Abertas que terá lugar no Salón de Actos do IES de Chapela (terceiro andar) o vindeiro martes 17 de xaneiro, ás 18;30 horas.
Un cordial saúdo.