Club Lectura: 9ª Sesión Hugo e Supersorda

Prezados e prezadas lecturaclubistas de Laredo:

Lembro que o mércores, 21 de decembro, ás 15:45 celebraremos a nosa undécima sesión do ano na biblioteca do cole.

Dedicaremos a primeira parte a comentar Hugo, a función de teatro á que asistimos, e despois a Super Sorda, o terceiro dos títulos de novela gráfica que lemos este trimestre.

Lembrade que revisaremos os enigmas que enviamos sobre este libro, ademais dos que cada un de vosoutros poidades propoñer.

Despois compartiremos os doces de Nadal que cada un ofreza e, se nos queda algún tempo, leremos un texto sobre o Nadal para acompañalos.

Vémonos o mércores, 21!