Festa Nadal 2022 Nadalízate o 22/12

Estimadas familias;

Enfilamos xa os últimos días deste trimestre coa vista posta na nosa tradicional Festa de Fin de Ano (Nadal 2019 Nadal 2018, Nadal 2017)

Este curso queremos darlle un toque máis teatral e circense, polo que, en vez de vir elegantes como os outros anos, deberemos vir “vestidos de Nadal”.

Pode ser con xerseis navideños ( canto máis rechamantes, mellor), diademas impactantes, roupa tuneada con adornos de Nadal, etc… ( Non merquedes nada; usade o que teñades pola casa!! Caseiramente Nadalizados!!!!)

Amáis, como ven sendo tradicional, teremos: 

  • O noso sorteo da Lotaría de Nadal 
  • intercambio de Postais entre padriños e afillad@s lectores
  • O photocall de Nadal
  • As Campanadas de Fin de Ano coas uvas da sorte
  • A visita de “certos” persoeiros do Nadal,…, (ver outros persoeiros que visitaron o centro (Nadal 2019 Nadal 2018Nadal 2017)
  • ..así como unha merenda comunitaria de todo o alumnado do centro.

Para isto, pedimos a colaboración do alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º, que deberán traer postres típicos do Nadal para compartir co resto dos cursos.

Desta vez, trátase de que os padriños e madriñas lectoras agasallen aos séus afillados e afilladas coa merenda, e no Entroido farase o contrario, co obxectivo de que non sobre tanta comida. Pregámosvos que, dentro do posible, teñades en conta as diversias alerxias que hai no colexio ( lactosa, gluten, froitos secos,…) para que todos poidan participar.

A festa será o día 22 de decembro, e os alimentos depositaranse no comedor á hora da entrada.

Como a merendola se fará tarde, poden traer un pequeno tentempé para media mañá .

Moitas grazas pola vosa colaboración e …Bo Nadal!!!

Equipos de Biblioteca e Dinamización do Ceip de Laredo