Club Lectura: 7ª Sesión FUNCIÓN DE TEATRO, DOMINGO 11 DE DECEMBRO

Prezadas e prezados lecturaclubistas:

O domingo 11 de decembro, ás 18:00, os membros do noso club de lectura estamos convidados a asistir ao Multiusos de Redondela á representación da función Hugo, do grupo Os Náufragos, considerada o mellor espectáculo teatral para público infantil do ano en Galicia.

O club farase cargo do importe das entradas, razón pola que para a súa adquisición anticipada debemos coñecer antes do mércores 7 a túa dispoñibilidade para acudir.

Convidamos a que nos acompañen os vosos irmáns ou irmás.

Aquí podes atopar máis información sobre a función: https://vigoplan.com/eventos/hugo-ciclo-de-teatro-infantil-en-redondela/

 Imos vivir unha experiencia compartida no teatro.