Colabora en decorar a nosa Árbore de Nadal

 

Estimadas familias; pedimos a vosa colaboración para decorar , como cada ano, a nosa árbore de Nadal. Desta vez teñen que ser adornos relacionados coas distintas artes escénicas; estrelas de cine, claquetas, máscaras de teatro, títeres, notas musicais, personaxes de películas, bailarinas,…e o que se vos ocorra, pero cun toque de Nadal!

Enviámosvos plantillas para reproducir en cartón e cartolina e ideas para inspirarvos , pero podedes ser creativos! Os adornos teñen que entregarse ás titoras antes do día 9 para que poidan formar parte da nosa árbore.

Moitas grazas por participar!