Concurso Campaña PILABOT - Recicla con Enerxia

A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoven a cuarta edición desta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.

O obxectivo do Concurso de Cartel Publicitario #EuSonPilabot é involucrar a título individual aos rapaces e rapazas para que tomen conciencia da importancia da reciclaxe de pilas e acumuladores e sexan partícipes na difusión da mensaxe ao resto dos seus compañeiros e ás súas familias.