061 "O número da Vida". Obradoiro Primeiros Auxilios

O vindeiro xoves, 12 de febreiro, levarase a cabo no noso centro educativo un faladoiro-obradoiro impartido por persoal técnico do 061.

Destinado a todo o alumnado de educación primaria, ten como finalidade achegarlles, de xeito lúdico, a información que precisan para desenvolverse nas situacións de emerxencias nas que poidan verse inmersos:  

  • Que sexan capaces de identificar as situacións de risco,
  • Manter a calma,
  • Chamar ós equipos de urxencias e proporcionarlles os datos precisos, etc.

O faladoiro rematará cunha pequena práctica de R.C.P. (reanimación cardiopulmonar básica) para o que cada neno/a precisará traer da casa un boneco de tamaño mediano e así poder facer as súas prácticas.