SEMANA ENTROIDO 2015

Estimadas familias,  o ENTROIDO xa está aquí e no centro comezamos coa súa celebración mirade atentamente a nosa programación:

  • Ordes do MECO: (Luns 09 – Xoves 12)

Ao longo da seguinte semana  deberemos prestar atención e cumprir as ordes do noso MECO. Cada día recibiremos unha diferente, vencellada a distintos pobos ou culturas. Así, se un “castigo”  non queren asumir e un “punto vermello” recibir, preparade os seguintes complementos e maquillaxes:

  • Luns: Un turbante deberán lucir. 
  • Martes: A cara pintada deberán traer como se dunha tribu africana acaba-ran de chegar. 
  • Mércores: Un tocado de plumas amosarán. 
  • Xoves: A cara pintada traerán para dunha raza oriental semellar.
  •  O PASARRÚAS: (Venres 13)

Se o tempo acompaña, o venres faremos o tradicional pasarrúas para que cada neno/a xunto a súa clase nos amosen as súas disfraces. Este ano o pasarrúas será do máis MULTICULTURAL e estades as familias convidadas a acompañarnos ( … se é disfrazados moito mellor!)

As 12:20 é a hora estimada na que sairemos do centro para iniciar o pasarrúas no seu percorrido habitual.

  • DEGUSTACIÓN DE DOCES TÍPICOS DO ENTROIDO Colaboración Familias: (Venres 13)

Rematado o pasarrúas, á nosa chegada ó centro deleitarásenos cunha degustación dos diferentes doces e sobremesas típicas desta festa: orellas, filloas, flores, farropeiras, chulas...

Para elo, precisamos da vosa colaboración e que cada neno/a aporte algo ese mesmo día. No caso de alumnos que sexan irmáns é suficiente con que traia un deles. As familias estades tamén convidadas á degustación, podendo permanecer no patio do colexio ata a hora da saída que será a habitual 14:00h, non podendo levar aos rapaces ata a mencionada hora.

  • EN CASO DE CHOIVA

O pasarrúas non se poderá facer e o alumnado amosará os seus disfraces na aula de usos múltiples onde degustarán logo os doces típicos do entroido. Neste caso, por razóns obvias de espazo, aforo e seguridade, as familias non poderán participar.

Moitísimas grazas pola vosa colaboración e a desfrutar deste Entroido 2015!!!

AdxuntoTamaño
ENTROIDO_FAMILIAS.pdf434.47 KB