Éxito do centro no concurso radiofónico "ECOPREGUNTOIRO"!!!

Hoxe representantes de 6º de primaria do noso centro visitaron a emisora de RadioVoz de Vigo para gravar a primeira rolda de concurso “Ecopreguntoiro” do espazo Ecovoz, un programa emitido dende fai anos coa finalidade de achegar a importancia de coñecer e respetar o medio ambiente.

Os noso alumnos que se enfrentaron a outros escolares de 6º de primaria do Colexio Lestonnac de Ferrol, amosaron a súa valía e os moitos coñecementos que teñen do medio natural que nos rodea e do xeito de contribuir o seu coidado. Tras unha emocionante disputa de varias preguntas, evidenciouse a nosa superioridade e fixémonos coa clasificación para loitar nas semifinais o pase á rolda definitiva.

Parabéns e grazas ós nosos representantes Aarón, Ana Wenai, Ainara e Mauro! Estaremos pendentes da data e hora de emisión do concurso para desfrutar do voso traballo tan ben feito. Iremos informando!!!