Semana da Froita

Co motivo dos proxectos relacionados coa Saúde no noso centro ao longo desta semana o alumnado poderá degustar froita , realizar obradoiros e actividades sobre hábitos alimenticios e vida activa. Así pois deberán conquerir con éxito unha serie de traballos e probas para poder degustalas así como realizar unha serie de  spots publicitarios (que formarán parte dun concurso) para incentivar o seu consumo. Todas as dinámicas son realizadas e organizadas polo alumnado de 6º.

Velaí tedes unha mostra.