Grazas Familias!!! Matriculas Solidarias Reto Conseguido!!!!

Imagen

Estimadas Familias, lembrades a acción solidaria na que participamos o ano pasado coas nosas matriculas solidarias?

Pois o reto foi conseguido!!!

O seu obxectivo era mercar bicicletas para o traslado seguro aos institutos de 150 mozas das escolas secundarias dos arredores do Kilimanjaro as cales foron beneficiadas con 100 bicicletas e arranxos para poder facer as longas distancias dende as súas casas ao instituto. Tiñan que caminar unha hora e media (só ida) todos os días para chegar ao instituto por zonas pouco seguras...aumentando o risco de agresións e de abandono escolar. Grazas a #activewoman #abcimpact #bike4girls por facer posible e facernos participes neste marabilloso proxecto que empodera a situación femenina en Tanzania!!!

Grazas a nosa comunidade educativa puidemos contribuir con 691€ o 12% do total recadado!!!

Ver fío do twitter con fotos