Clasificados para o campeonato ECOVOZ !!!

Estamos de parabéns, o noso centro educativo foi un dos clasificados para participar no campeonato escolar radiofónico de “Ecovoz”.

Cada curso escolar, ducias de centros educativos presentan a súa inscrición para participar en tan interesante proxecto promovido pola emisora Radio Voz, pero só uns poucos se clasifican, un deles foi a nosa clase de 6º. A través deste espazo radiofónico inténtase educar ó alumnado, e resto de poboación, nos valores do respecto e compromiso pola protección do medio ambiente, mellorando o benestar e calidade de vida, á vez que se contribúe o desenvolvemento sostible. No concurso escolar, colexios de distintos puntos de Galicia, compiten demostrando os seus coñecementos sobre medio ambiente.

Representantes da clase de 6º de primaria, loitarán por amosar todo o que estamos a aprender neste curso escolar no que o noso centro está inmersos en numerosos proxectos vencellados ó medio ambiente e hábitat mariño (CEIDA, SOGAMA, PROXECTA... ).

O vindeiro 4 de Febreiro teñen a súa primeira inmersión radiofónica así que estaremos moi atentos ás ondas xa que de seguro teñen moitísimo que aportar e demostrar!!!