Saída Lonxa: 2º, 3º e 4º (20/02/2015)

O vindeiro martes 20 de xaneiro temos prevista unha saída ó Museo do Mar e á Lonxa de Vigo, enmar-cada dentro dos plans do centro relacionados coa saúde: “Aliméntate ben“ na que está a participar o alumnado do noso centro educativo no presente curso académico: 

  • 20/02/2015: 2º, 3º e 4º
  • 27/02/2015: 1º, 5º e 6º

Ás 9:30h sairemos do centro e a volta está prevista arredor das 17:30h.

A actividade é gratuíta, incluída a comida que corre a cargo dun catering. Non obstante, o alumnado deberá traer a merenda da media mañá.

No caso de choiva, é recomendable que leven un chuvasqueiro.

 

Temporización:

  • 09:30 - Saída dende o centro.
  • 10:15 - Chegada A Vigo a Museo do Mar.
  • 10:30 - Visita ao Museo do Mar.
    • Actividade pesqueira: a pesca, marisqueo, acuicultura, métodos de conservación, avances tecnolóxicos...e visita ao acuario.
  • 12:00 - Descanso no museo.
  • 13:00 - Traslado á lonxa.
  • 13:30 -  Catering nas instalacións da lonxa.
    • Un entrante Prato pirncipal Sobremesa
  • 15:30 - Visita a lonxa.
    • Altura, baixura e fábrica de xeo.
  • 17:30 -  Chegada ao centro.