Estamos outra vez de noraboa! Un recoñecemento máis para o centro co seu proxecto : “EnMARcate” é así un dos 10 seleccionados en Galicia para levarse a cabo durante o curso 2014-2015.
Co motivo da convocatoria anual Rede Natura 2000-Escolas en Acción para apoio a proxectos de dinamización e conservación da Rede Natura 2000 entre os centros de ensino de primaria de Galicia impulsado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación ambiental Galicia).
Coas seguíntes iniciativas entre outras:
Marco I. A análise do mar como riqueza natural: a Ría de Vigo e a Enseada de San Simón como espazo protexido, a tipoloxía de especies mariñas (flora e fauna), a sostibi-lidade no uso dos recursos mariños,..
Realizaremos saídas a lonxa (con degustacións), museo do mar, illa de san simón…
Marco II. O mar como fonte de riqueza alimentaria: conserveiras, explotación, a res-tauración, a alimentación, os beneficios para a saúde dos peixes e mariscos…
Traballaremos o consumo saudable das conservas con obraodoiros do tipo “Ponlle as pilas ao teu bocata”, “O sabor está no mar”
Marco III. O mar como compoñente da nosa idiosincrasia: as nosas praias e o coidado das mesmas, as artes de pesca, tipoloxía de embarcacións, a vida mariñeira, o lecer e o asociacionismo vencellado ó mar…
Realizaremos recollidas selectivas nas praias cercanas, obradoiros de redeiras, nós, faladoiros de pesca,...
As devanditas actuacións están planificadas no apartado de eventos da web do centro:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaredo/?q=node/39
Estades convidados a aportar e colaborar neste proxecto o que consideredes ou ben seguir a nosa singladura en:
Moitas grazas pola vosa colaboración!