Saída Teatro 1º ciclo 03/11: "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"

1º Ciclo de primaria

Centro Dramático Galego

Duración: 60 min

Teatro de actor No limoeiro de Anxa e Elías agromaron cinco laranxas xigantes. Unha delas estoura cando Elías a toca. Co estrondo, os veciños acoden desencadeando anécdotas insólitas, disparatadas e divertidas cos donos da horta, o Veciño da Escopeta, o Gordo, o Toneladitas, a Veciña Sabida, a Desdentada, o Ovo e a galiña Petra coma protagonistas. Basada na obra do mesmo nome dun dos autores galegos recentes de maior prestixio: Carlos Casares.

Teatro García Barbón (Vigo). 3 de novembro de 2014. Horario: 10.00 h.

Máis info.: http://www.centrodramatico.org/cdg/