Obradoiro Bocata Saudable "Ponlle as pilas ao teu Bocata" 11/02 Infantil+1+2 EP

O vindeiro luns, 11 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria participarán nos obradoiros do Programa “Ponlle as pilas ao teu bocata”, unha actividade complementaria ao proxecto Aliméntate Ben.

Dita campaña está deseñada pola Consellería do Mar para por de relevo unha das múltiples virtudes das conservas de produtos do mar: o seu valor como fonte de enerxía.

Unha enerxía asociada á forza, vitalidade, crecemento, pero tamén xogo e diversión. Para chegar ás nenas e nenos levarase a cabo un obradoiro lúdico que contempla actividades informativas, xogos e, sobre de todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas.

Por iso, non é necesario que os alumnos/as leven a merende ao centro ese día.