O vindeiro Martes 12 de Febreiro de 2019 ás 17:30 farase a reunión informativa do PROA coas familias dos/as alumnos/as seleccionados. Ante a importancia e exclusividade deste proxecto (clases ao alumnado en horario de tarde a razón de 2h 2 días a semana, totalmente de balde), é preciso que as familias veñan a devandita reunión de 30´de duración para entregar o contrato de compromiso entre as partes.
Hoxe enviarase as familias seleccionadas a circular pertinente de convocatoria.
Agradecementos pola vosa asistencia por adiantado.