O vindeiro xoves 19 de abril, o alumnado de 5º de Educación Primaria asistirá ó Multiusos de Redondela a unha nova sesión do Pleno Infantil das Cidades Amigas da Infancia no que participarán xunto a outros centros educativos da vila.
Mañá Sábado tes unha cita no cole ás 17h inaugúrase ARTELIXO 2018, e o alumnado do centro ten acceso prioritario :).
Vente e desfruta con Millo Verde e Arte Lixo!!!!!
Tras unha semana de encontros literarios no centro, xa temos todo organizado para unha semana moi literaria, con moitos segredos e sorpresas:
Mañá, 11 de abril, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, asistirán ao Teatro García Barbón de Vigo para asistir a un concerto didáctico que leva por título "Na percura do tesouro". Ao remate da actividade, visitaremos a exposición "Astro rei: o Sol", nas instalacións anexas de. Naturnova.
Dos 54 proxectos presentados ao noso Campionato Laredroids e despois de moito decidir polo noso grupo de expertos xa temos fallo do xurado!!
O vindeiro Martes 10 de Abril teremos a oportunidade de contarcon outras das nosas senlleiras da literatura no centro, Ledicia Costas , para falarnos das súas obras e comentar a súa obra e asinar libros.
Un luxo co que poderán disfrutar en pequeno grupo o alumnado de 5º EP.
Mañá teremos a sorte de ter no centro a María Canosa, senlleira da literatura infanto-xuvenil.