O alumnado de sexto quere "facilitar" a comunidade educativa que agasallar no día da nai. De aí que se abrirán as portas do centro ás 13:40 para ofrecer "produtos exclusivos" dentro do marco do proxecto "Esencia Laredo - Escuelas Creativas Adrià".
O recadado destinarase integramente para o "Colectivo de axuda a Sesé".
Achegamos a relación de alumnado admitido e a compensación económica adxudicada:
Mañá venres 5 de maio teremos un obradoiro moi interesante que nos achegará ao deporte da esgrima da man do presidente e mestre de armas Luis Miguel Diaz de Luis do Clube de Esgrima de Vigo Olivo.
O obradoiro terá un módulo teórico e outro práctico no que tocaranse os diferentes contidos.
O vindeiro xoves, 4 de maio, o alumnado de Educación Infantil ten unha cita con Magín Blanco no Tatro GracÍa Barbón de Vigo para asisitir ao seu concerto didáctico: “GATUXO" .
Co motivo do maratón 2017 que se celebrará, se o tempo o permite, o 19 de maio. O ANPA solicita a colaboración das familias para labores varias:
O vindeiro mércores 3 de maio o alumnado de Educación Infantil achegarase á cidade de Pontevedra para visitar no Pazo da Cultura de Pontevedra a exposición “Imaxinar a Educación. 50 anos con Frato” que ten como protagonista a obra gráfica do pedagogo italiano Francesco Tonucci.