Hoxe saen cara as casas os "Calendarios Competenciais" de Infantil e Primaria no que a Deputación de Pontevedra xunto co CRA Mestra Clara Torres ofrecen alternativas educativas diarias a realizar en Familia: Actividades en Inglés, Saídas, Visitas Culturais, Cancións, Adividiñas...que tocará facer hoxe en Familia...pois ben sinxelo...mira o día da semana que é e adiante!!!
Este Venres realizaremos unha saída a Santiago Compostela (EI 5 anos+2ºEP+5ºEP ) a realizar varias actividades culturais:
Mañá Luns o alumnado de 6º EP terá a primeira sesión sobre prevención de drogodependencias, consumo e condutas saudables a cargo de Elvira Rivas, Psicóloga da Proxecto Érguete, dentro dun programa de educativo do concello de Redondela.
Hoxe, 14 de febreiro, é un día especial cheo de emocións e por elo vos presentamos un proxecto de creación social dentro do traballo que ven desenvolvendo o noso centro coa Fundación Botín no eido da educación Emocional e a Arte: "LAREDO NUN DÍA". (Ver vídeo Promo)
O proxecto realizado pola titora de 6º EP, Paula Pérez, e os seus alumnos/as foi un dos 3 seleccionados, de entre os 300 centros presentados a nivel nacional e latinoamericano, para pasar a rolda final do prestixioso Premio de Google + Universidade Pompeu Fabra "Wisibilizalas". Que pretende dinamizar a ciencia e as tecnoloxías nos perfís femininos visibilizando referentes nestes eidos.
Lembramos ás familias de 1º+2º que tal e como se comentou en circular xa enviada, veñan vestidos da casa a ser posible con:
Agradecemos a colaboración das familias.