blogue deSecretaria

Gañadores do 1º Premio Julio Verne 2015 en investigación (Concello Redondela)

Estamos de noraboa outra vez, somos gañadores do 1º Premio en Investigación na lingua Galega na convocatoria 2015 dos premios Julio Verne organizados polo Concello de Redondela. 

Festival Fin de Curso 2014-2015

Achegamos video e fotografías de mencionado evento realizado o 18/06. Grazas a todos/as.

Ver fotografías Festival da man de Edwin (carga lenta)

Xornadas de xadrez xigante

Co motivo do peche dos obradoiros de xadrez existentes no centro en horario extraescolar, mañá mércores celebraremos partidas de xadrez xigante e humano no noso centro.

Dende infantil a primaria poderemos experiementar a práctica desta disciplina no noso patio.

Jaque mate.

Roupa en "Obxectos Perdidos" (Doazón Cáritas)

Lembramos as familias que recuperen/revisen a roupa extraviada en "Obxectos Perdidos" tendo como data límite  para recollela o 19 de xuño. A roupa existente alén desa data será doada a Cáritas. 

 

Recordatorio Axudas Libros de Texto

Lembramos as familias que a data límite de entrega das solicitudes para

  • Axudas de Libros: 1º, 2º, 4º e 6º EP (Cheque escolar)
  • Fondo Solidario: 3º e 5º (Libros en depósito no centro)

É ata o 30 de Xuño incluído.

Poderedes descargar toda a información e solicitudes dende: 

ANPA: Xornada de Convivencia 19/06

Queridas familias:

Co motivo do remate do curso, a Anpa, queremos celebrar unha xornada de convivencia entre pais/nais/ e fillos/as.

Por iso propoñémosvos unha comida o dia 19 DE XUÑO dende as 14:00 h. Pretendemos pasar un rato entretido, facendo xogos, bailes... e todo o que se vós ocorra.

Última hora Saída Aquapark. Abrense as piscinas e volta sobre as 19:00h

O Aquapark de Cerceda en último momento programa actividades baixo cuberta (en previsión de chaparróns) e abre ás piscinas ante a mellora do tempo. Así pois, ante esta situación, retomamos o horario de chegada orixinal 19:00 no centro educativo.

Cancelada entrada AQUAPARK - Cerceda por motivos climatolóxicos

Chegada prevista 15:30 - 16h. 

Por motivos climatolóxicos adiántase a hora de chegada do alumnado ao centro.  É posible recoller ao alumnado a partir de devandita hora. Irase informando se xorde calquer retraso. 

 

SAÍDA CERCEDA: 6º, 5º, 4º, e 3º (12/06 09:30h- 19:00h)

SAÍDA CONDICIONADA Á PREVISIÓN DE TEMPO PARA O VENRES 12 XUÑO EN CERCEDA!!!

Distribuir contido