Avisamos as familias da actividade extraescolar de Xadrez que o próximo VENRES 24/03 non haberá clase por motivos varios.
Tras o falecemento da familia de Igor Fernández Mateo o centro realizará mañá ás 13:50h un minuto de silencio no patio principal do centro ao cal estará invitada toda a comunidade educativa. Tras os acontecementos, o tradicional pasarrúas de entroido non se realizara e a “celebración” será no propio centro (sen posibilidade de acceso ás familias).
Durante o día de hoxe a tele (TVE+TVG) entrevistaron aos nosos rapaces do centro para que explicaran en que consiste o proxecto seleccionado nas Escuelas Creativas Ferrán Adrià. Co tema LaredoLab361º "Dalle un volta... e un pouquiño máis a educación" fomos seleccionados 20 centros de entre os 331 inscritos, sendo o noso o único centro galego.
O alumnado de infantil visitará o Museo Provincial de Pontevedra o vindeiro 10/02 para realziar un obradoiro de Investigación na Arte. O alumnado realizará unha serie de actividades a partir da observación directa dunha selección de obras de arte contemporánea. Algúns dos aspectos que se traballarán son:
As actividades extraescolares realizadas no interior do centro educativo poderán realizarse sen nenngún problema "Grapling (Gym)- Ajedrez (Usos Múltiples)"; están suspensas as actividades realizadas no exterior prégase as familias precaucións básicas.
O vindeiro Martes 07/02 ás 16:30h os pais convocados por circular (previamente chamados telefonicamente) teñen unha xuntanza obrigatoria co Equipo Directivo e a docente que impartirá o devandito programa, Almudena Bermúdez, nova profesora no centro encargada do programa.
Así pois: