Corresponsabilidade Xestión Contas Correo do Centro

Boas familias, lembrámosvos que o correo electrónico e servizos asociados son de responsabilidade directa das familias como medio de comunicación coas titoras nas tarefas curriculares. Non é un medio particular nin privativo do alumnado e por defecto non forma parte da súa privacidade no referido a súa xestión, coordinación e control cos docentes, familias e o centro.

Así pois: 

  1. As familias deben xestionar xunto cos seus fillos/as, cursos máis altos (3º+4º+5º+6º), a información alí enviada; nos cursos de alumnado menos autónomo no seu uso a xestión sería exclusiva da familia e/ou compartida (Infantil -1º+2º EP)
  2. As familias debe xestionar xunto cos seus fillos/as os usos do chat, videoconferencias cos compañeiros/as,  tempos, horarios  e conversas alí expostas.
  3. Os contidos compartidos, histórico de navegacións... quedan automáticamente rexistrado no centro: 
    • No caso dos equipos edixgal, toda a navegación e uso queda rexistrada con independencia do historial do navegador.
    • No caso de equipos persoais/propios, só queda rexistrado o acceso as contas do centro, o uso dos seus servizos e a navegación na propia páxina do centro.

4. O centro e os docentes, poden consultar, modificar ou revisar cando o estimen oportuno as contas do alumnado/familias baixo motivacións curriculares e de supervísión pedagóxica.
5. Lembramos que é o servizo dado denden o centro, parte dunha corresponsabilidade familia-centro tendo como finalidade a educación do alumnado/fillos.
6. A canle oficial de comunicación particular será, salvo excepcións, o correo electrónico do alumnado / Abalar Móbil; en xeral a páxina do centro.

Agradecemos toda a colaboración prestada durante este confinamento. 

Saúdos.