Biblionacasa 14/04: Coronareto nº13 Vacacións no salón

14/04

Acabáronse as vacacións....unha vacacións na casa pero vacacións.

RETO

Hoxe róubolle a idea á compañía Títeres sin Cabeza, e propóñovos o reto Vacacións no Salón. Tedes que recrear as vacacións desta Semana Santa no voso salón. Coa vosa imaxinación e algo de atrezzo podedes recrear as vacacións nas pirámide de Exipto, nun cruceiro, visitando o Perito Moreno...o que queirades. Só tedes que facer a montaxe no salón e tirar unha foto na que saiades gozando desa viaxe polo mundo adiante.

A foto, como sempre, tes que enviala a biblio@ceipdelaredo.com.