COMEZA A ANDAR A AULA MADRUGADORA

O vindeiro luns día 6 de maio comezará a funcionar a aula de atención matinal para o alumnado do noso centro, a "Aula Madrugadora"

Este servizo conta coa colaboración co propio centro, da ANPA e do Concello de San Amaro.

A atención será dende as 7:30 ata a hora de entrada ás clases, as 9:30, e conta coa posibilidade de que o alumnado poda almorzar na propia aula.

Os prezos deste servizo son os seguintes (almorcen ou non)

- Atención mensual dun alumno/a .............. 15 € / mes

- No caso de ser dous/dúas irmáns/ás......... 25 € / mes (polos dous/dúas)

- Uso do servizo en días puntuais................  2€ / día

Dende o centro queremos agradecer á Presidenta da ANPA todo o traballo e implicación para poder ofertar este servizo á Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Eulogio Gómez Franqueira, e tamén ao Concello de San Amaro a súa colaboración (preparando o espazo que se vaia a utilizar) e financiamento (sen o cal non sería posible ofertar uns prezos tan económicos).