SEMANA DO LIBRO 2021
Enviado por admin o Xov, 22/04/2021 - 10:44
SEMANA DO LIBRO
Boas familias,
Como xa saberedes estamos inmersos na semana do libro. Como cada ano o 23 de abril célebrase o día do libro.
Este ano, debido á COVID, o número de actividades a realizar son máis reducidas; non obstante dende a biblio seguirase a fomentar o gusto e a paixón pola lectura, con pequeniñas actividades; así como dende as titorías.
Aproveitade para ler un libro é pasar un bo rato en familia.
"El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho" (Cervantes).