Rosalía de Castro como seña do CEIP EULOGIO GÓMEZ FRANQUEIRA

SORPRESA!!

Coa volta das vacacións de Semana Santa atopámonos unha grande sorpresa... a figura de ROSALÍA DE CASTRO ficaba nunha das paredes do noso patio en forma dun gran mural!

Moitas grazas a Atípico polo traballo levado a cabo.

 

Dende o centro apostamos para que a identidade e ideoloxía de Rosalía, trascenda nas nosas nenas e nenos, traballando un modelo coeducativo e inclusivo dende os máis cativos.

 

Esperamos que vos guste tanto como a nós.

 

AnexoTamaño
rosalia .jpg177.25 KB
rosalia 1.jpg158.11 KB
rosalia 2.jpg158.81 KB