PASANDO A BÓLA COA XANELA DO MAXÍN

O pasado mércores 18, o alumnado de 5º de primaria, asistiu ao espectáculo-obradoiro “PASANDO A BÓLA, XOGANDO PARA CAMBIAR” organizada pola compañía A Xanela do Maxín e financiada polo Concello de Santiago.

Foi un evento de intervención escolar e social, onde o xogo dramático serviucomo ferramenta para concienciar ao alumnado. A partir de aí exploráronse solucións que se puxeron en práctica a través do teatro.

Esta actividade está baseada no libro “A Banda dos insectos” de Celtia Figueiras e inspirado na técnica de Augusto Boal e o teatro do oprimido. Unha actividade onde se abordou o problema do bullying no contexto escolar.

A intervención contou coa colaboración do alumnado voluntario como actores e actrices, representando diversas manifestacións do acoso nas escolas.

Tamén acudiu a ver a intervención a Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa.