Skip to Content

PDC

Reto combas

Entrevista Héctor&Héctor


3:00 minutes (2.75 MB)

Entrevista Pablo e Nico


1:06 minutes (1.01 MB)

Competicións

Durante este curso  dende o PDC do centro e no marco de XOGADE, enfróntamonos ao CPI de Zas e CPR de Santa Comba... Aí vos quedan algunhas das instantáneas destas competiticións.

 

Visita dun atleta

O pasado mes de Maio, tivemos a visita de Damián Espasandín, o atleta gañador do Circuito Correndo pola Costa da Morte, co que falamos dos beneficios do atletismo.

Pero non só falamos diso, senón dos logros acadados por outros corredores do Circuito, especialmente do acadado por Sara Vieites, que para moitos de nós xa se convertiu en todo un exemplo.

Tenis adaptado 5º e 6º

Deporte adaptado

O pasado 3 de Decembro co gallo do Día Internacional das persoas con discapacidade invitamos ao tenista cormelán Martín Varela que nos propuxo unha serie de actividades adaptadas que nos gustaron moito

 

 

I CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

 

 

Gran éxito de participación na I Carreira Solidaria en favor da asociación Save the Children.

Grazas á vosa colaboración patrocinando as/os corredoras/es conseguimos recadar 1192,90 euros, superando con creces as nosas expectativas!

Xunt@s podemos facer grandes cousas!

 

 
 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO PEÓN

O pasado mércores 14 de Novembro coa proximidade da celebración do San Martiño celebramos o Día do Peón.

Para iso contamos co director do Melga Ricardo Perez e Verdes quen levou a cabo unha serie de actividades na que os nenos e nenas do noso colexio achegámonos máis a figura do peón, trompo, buxaina... Premede no reprodutor de vídeo ou no enlace do museo onde os contamos máis do que fixemos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut